Asilo. A Coruña (1882 – 2001)

Per Colectivo R.U.A. de Recuperación Urbana e Ambiental (Arxiu SOS 2001)

PRESENTACIÓN

O Colectivo R.U.A. de Recuperación Urbana e Ambiental é unha organización cidadá que naceu en marzal de 1999. Os seus obxectivos son acadar unha maior democratización da vida da cidade e buscar un sistema no que o cidadán poida participar e decidir cómo se constrúe a cidade, porque é inxusto que uns poucos e máis poderosos decidan en qué tipo de cidade imos vivir todos, pra convertela nun lugar ónde sexan os seus habitantes quen decidan todo o que teña que ver co seu goberno. Doutra banda o Colectivo R.U.A. leva adiante un traballo en actuaciós concretas sobre feitos puntuais que van na liña de desenvolver, defender y reclamar os dereitos dos cidadáns, e con isto desenvolve-la nosa idea de xustiza en competencia con outras.

Pra estes fins o Colectivo R.U.A. foi legalizado e inscrito no Rexistro Público da Consellería de Xustiza, Interior e Relaciós Laborais da Provincia da Coruña co número 5.176, sección 1ª, e máis no Rexistro Municipal de Asociaciós Veciñais co número 173.

Cremos que os cidadáns teñen uns dereitos elementais que aínda non están debidamente cubertos, como poden ser o dereito á vivenda, á asistencia sanitaria ou á educación. Por iso os poderes públicos deben estar orientados ó seu completo cumprimento e á defensa daqueles que xa se ten alcanzado. Tódolos demais intereses deben estar supeditados a estes dereitos fundamentais.

Por iso, cando no Colectivo R.U.A. soubemos dos plans de traslado do asilo de anciáns das Hermanitas de los Ancianos Desamparados e a súa substitución por vivendas privadas de luxo, comezamos a temer que se impuxese unha vez máis o interese dalgún inversor privado sobre o dereito que teñen os habitantes do barrio a recibir una prestación social. En busca de apoio, en setembro de 1999 diriximos unha carta á superiora das Hermanitas e máis ó alcalde da Coruña. Á Superiora como representante da orde que administra o asilo, e ó Alcalde como depositario da confianza de tantos coruñeses, expresada tantas veces a través das urnas.

 A carta que o Colectivo R.U.A. lles remitiu foi a seguinte:

Dirixímonos a vostedes para lles transmiti-la nosa fonda preocupación polo destino do asilo de anciáns situado na rua Adelaida Muro da nosa cidade.

Somos coñecedores da enorme pouquidade de prazas de residencia prá terceira idade que sufrimos na Coruña, ónde non se alcanza a cubrir nin a metade das necesarias, segundo os baremos establecidos pola Organización Mundial da Saúde.

Aplaudimos a iniciativa de construír unha nova residencia en Eirís, e instámoslles a que continúen dotando á Coruña con toda-las residencias que compren.

Porén semellaríanos un desatino que se destruíse un edificio como o actual asilo de anciáns de Adelaida Muro, que nos presta un servicio de grande utilidade social no corazón da cidade e que posúe valores arquitectónicos e ambientais moi apreciados polos coruñeses.

Pensamos que calquera mellora da asistencia ós nosos maiores debe guiarse só por criterios de necesidade social, e nas mans de vostedes está impedir que intereses alleos a estas necesidades se apropien e destrúan o patrimonio público pra se enriquecer á nosa costa.

Nin o Alcalde nin a Superiora das Hermanitas responderon á nosa carta.

Inmediatamente o Colectivo R.U.A. comezou unha campaña de recollida de sinaturas. Esta campaña tiña como obxectivo manifestar e facer patente a oposición dos cidadáns da Coruña á venda, derrubamento e traslado do Asilo das Hermanitas de los Ancianos Desamparados. O Colectivo R.U.A. quere presentar ós medios de comunicación esta campaña de recollida de sinaturas. Ata o momento temos recollidas xa máis de cinco mil sinaturas, unha pequena mostra de cál é o clima de opinión respecto ó dito derrubamento.

O Colectivo RUA ven de presenta-las sinaturas na Delegación do Goberno na Coruña para dárlle-la súa debida tramitación.

 

O texto subscrito nas follas de sinaturas é o seguinte

Os abaixo asinantes opoñémonos á desaparición do Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Esiximos ó noso concello que poña os medios necesarios pra que o centenario edificio do Asilo, custeado e mantido gracias á xenerosidade dos cidadáns da Coruña, poida ser rehabilitado co fin de continuar a ofrecer ós nosos maiores os servicios asistenciais que precisan, no mesmo entorno no que viven hoxe, en pleno centro urbano, nun edificio de notable calidade arquitectónica en na compaña agarimosa do vecindario, do sol e do mar do Orzán.

Entre outros, firmaron as seguintes persoas e entidades:

Asociación Universitaria Primeiro Andar.

José Ramón Alonso Pereira Arquitecto, profesor, ex-director ETS Arquitectura da Coruña.

Alfonso Álvarez Cáccamo Pintor e escultor.

Xosé Mª Álvarez Cáccamo Escritor.

Isabel Aguirre de Urcola Arquitecto paisaxista, profesora ETS Arquitectura da Coruña.

Alfredo Alcalá Navarro Arquitecto, profesor da ETS de Arquitectura da Coruña.

Xulio Alcázar Actor.

Moncho Amigo González Escultor.

Xosé Manuel Beiras Torrado Economista, deputado polo BNG no Parlamento de Galicia.

Fernando Blanco Guerra Arquitecto, profesor da ETS de Arquitectura da Coruña.

Moncho Borrajo Actor.

Lino Braxe Artista.

Xan Casabella López Arquitecto, profesor da ETS de Arquitectura da Coruña.

Yolanda Castaño Poetisa.

Antonio Correa Corredoira Pintor.

Juan Luis Dalda Urbanista, profesor da ETS de Arquitectura da Coruña.

Estíbaliz Espinosa Poetisa.

Antonio Fernández Oca Presidente de Esquerda Nacionalista.

Miguel Anxo Fernán-Vello Poeta.

Xosé Ramón Gayoso Presentador da TVG.

Alberto González Alegre Director de la Fundación Luis Seoane.

Luis González Tosar Escritor.

José Manuel González-Cebrián Arquitecto, director da ETS de Arquitectura da Coruña.

Jorge Mario Jáuregui Arquitecto, prof. Facultade Arquitectura Rosario, Arxentina.

Santiago Jaureguizar Xornalista e escritor.

Xulio López Valcarcel Poeta.

Manuel Lourenzo Dramaturgo.

Francisco J. Louzao Martínez Historiador da arte, profesor ETS de Arquitectura da Coruña.

Manuel María Escritor.

Carlos Martí Arís Arquitecto, profesor da ETS de Arquitectura de Barcelona.

José Antonio Martín Curty Arquitecto, columnista.

Arturo Martínez Boquera Arquitecto, director da ETS de Arquitectura de Valencia.

Xosé Lois Martínez Suárez Arquitecto, profesor da ETS de Arquitectura da Coruña.

Carlos Meijide Calvo Arquitecto, profesor da ETS de Arquitectura da Coruña.

Eduardo Meilán Sánchez Presidente da Casa de Galicia en Caracas.

Julián Morenas Aydillo Arquitecto, escritor.

Belén Mourazo Presidenta da Asociación Universitaria La Seta.

Pilar Oviedo Lareo Sindicalista.

Pilar Pallarés García Poetisa.

Soledad Peralta Pintora.

Felipe Peña Pereda Arquitecto, profesor da ETS de Arquitectura da Coruña.

César Portela Arquitecto, profesor da ETS de Arquitectura da Coruña.

Manuel Ríos Quintanilla. Ex-xogador do RC Deportivo da Coruña

Manuel Rivas Escritor e xornalista.

Xavier Seoane Escritor.

Xurxo Souto Cantante e xornalista.

Ús de cookies

Aquesta web utilitza cookies per oferir-li una millor experiència d'usuari. Si continua navegant, està donant el seu consentiment per a l'acceptació de les esmentades cookies i la nostra política de cookies